miércoles, 4 de julio de 2012
Polaroid atrévese co dixital
Os tempos mandan, se fai anos o que dominaba o mercado era o CD e as cámaras dixitais compactas que comezaban a aparecer no noso mercado agora o que o domina son as cámara dixitais profesionais, tamén chamadas réflex, e a música e os contidos nas nube, todo un reto para esas empresas que triunfaron na época analóxica, como pode ser o caso da coñecida marca de fotografía Polaroid.
Como saberedes os máis vellos Polaroid é unha marca que triunfou no seu día por xuntar nun só corpo a impresora e a cámara de facer fotos, permitindo ter de forma física as instantáneas en minutos. Como comentaba isto é algo que se fai quedou anticuado, hoxe en día o que manda é o dixital así que a unha marca coma Polaroid non lle quedou outra que modernizarse, e un dos exemplos que nos trae deste cambio é esta nova compacta chamada Z3200.
Como podedes ver na imaxe a súa forma exterior busca ser unha mestura entre a imaxe de toda a vida de Polaroid e a idea actual dunha compacta. Conta cunha impresora de Zinc que imprimes as tomas que previamente elixas en dimensión de 2 por 3 polgadas, conta con 10 megapíxeles e con conectividade a Facebook para non quedar atrás. A cámara que sairá á venta o 15 de Agosto terá un prezo de saída de 160 dólares e estará dispoñible tanto en branco como en negro.
Que vos parece? Pensades que empresas coma Polaroid seguen tendo espazo na actualidade?
Máis información: Polaroid
Vía: Monkeyzen
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)


No hay comentarios:
Publicar un comentario en la entrada