jueves, 21 de junio de 2012

Todo o que hai detrás dun anuncio de McDonalds


McDonalds, esa gran multinacional coñecida en todo o mundo pola súa comida, está levando a cabo unha campaña de marketing onde a través de vídeos tenta responder as preguntas do público en xeral sobre a súa comida e todo o que rodea á marca, nós botamos mans de un destes vídeos para ensinarvos todo o traballo fotográfico e de retoque que se agocha tras a imaxe dun anuncio ou dun letreiro dunha das súas hamburguesas.


Como vedes non todo é o que parece, e aínda que insisten en que os ingredientes que se usan tanto para facer o anuncio como para facer a hamburguesa en calqueira das súas tendas son os mesmos está claro que as dúas imaxes non venderían o mesmo. Todo un traballo o que teñen que facer os fotógrafos para sacar o mellor lado de un produto con poucos puntos positivos.

Vía: XatakaFoto

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada