jueves, 7 de junio de 2012

Teclados físicos sobre pantallas táctiles que aparecen e desaparecen


Como xa falábamos onte as novas tecnoloxía e as non tan novas están condenadas a vivir xuntas e entenderse, para moitos os paso ás novas tecnoloxía supuxo tamén un gran cambio no que se refire a enfrontarse a ela, non máis ratos e teclados, non máis stylus, tan só o noso dedo e unha ampla pantalla na que poder facer o que queiramos. Como vos digo non todo o mundo se adapta, por iso existen teclados portátiles e smartphones con teclados, pero o certo é que o futuro vai estar cheo de pantalla táctiles e non de teclados deslizantes.

Isto que nun principio pode supoñer un problema para moitos foi visto como unha oportunidade para a compañía Tactus Tecnhology que co seguinte vídeo nos mostra o que para eles pode ser a alternativa manténdose sempre dentro do que se agarda do futuro:


Segundo eles mesmos din:
"Tactus ofrece unha nova dimensión de pantallas táctiles activando botóns físicos que surxen dende a superficie táctil baixo demanda e despois préganse na mesma pantalla dando como resultado unha superficie completamente plana e transparente."

Como no exemplo esta nova tecnoloxía podería aplicarse en terminais xa existentes pois todo o funcionamento descansa sobre unha pequena membrana transparante que contén uns canais que dependendo da necesidade se inchan a base de un fluído ou se desinchan de non precisar o teclado.

Será este o futuro? Pois só o propio futuro e nós os usuarios o diremos pero o certo é que non é complicado verlle unhas cantas utilidades moi interesantes a este tipo de recursos que permiten cun baixo custo adaptar as superficies existentes se aumentar en custos.

Máis información: Tactus Tecnhology
Vía: Alt1040

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada