viernes, 15 de junio de 2012
Punteiro para zurdos
Unha vez fai uns anos un dos meus profes de bachiller preguntoulle a unha compañeira, eres zurda ou eres normal? Incrible pregunta pero o certo é que o mundo que nos rodea está feito por e para os que escribimos coa man dereita, isto pódese ver en todas partes incluso nun medio tan imparcial e tan cheo de xente de todas partes como é a rede.
Por iso, para tentar que todo o mundo teña opcións na rede, Silvio Lorusso creou un plug-in para Chrome co que poderedes elixir o tipo de punteiro que queredes. Este plug-in está restrinxido ao punteiro tipo man xa que no caso do rato este seguirá tendo inclinación cara a esquerda. Se pensades que isto case non se nota e que é unha parvada podes ir á páxina de Silvio e probar que se sente cando aparece un punteiro ao revés.
Podedes descargar este complemento para Google Chrome dende aquí, e non vos preocupedes se sodes varios os que usades o mesmo navegador, pode activarse e desactivarse sen problema dende a barra superior.
Vía: Gizmodo
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

No hay comentarios:
Publicar un comentario en la entrada