lunes, 18 de junio de 2012

OHEA, a cama que se fai soa


Non señores non estamos falando de ciencia ficción, nin de posibilidades que nos vai traer a tecnoloxía nun futuro, estamos falando da actualidade e en concreto de un invento español co único cometido de facernos ese momento das mañás nas que temos que facer a cama algo tan sinxelo como mirar e listo.


Como podedes ver no vídeo sobre estas liñas conta con dous modos, un automático que fai a cama no momento que o sensor lle di que te esqueciches, e outro modo manual no que es ti o que elixes cando facer a cama. O certo é que polo momento só está dispoñible para configuracións moi simples de unha soa saba ou de un plumas, polo que o traballo que vos vai quitar tampouco vai ser moito. Por certo, boto en falta un modo airear antes de facer, por iso de non ter que andar pendente dela e que lle de un pouco o aire.

Tedes moitas máis información sobre este revolucionario produto na súa páxina web onde tamén atoparedes cinco razóns para adoptar este novo invento.

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada