Google presentou onte un novo proxecto web chamado World Wonders Project, un idea que se basea en achegar a todo o mundo información e imaxe das principais marabillas do mundo. Para isto contamos cunha pantalla de navegación onde a partir de un globo terráqueo podemos viaxar por toda a terra da man de Google Street View e un cadro onde se amplía toda a información por lugares tan dispares como Pompeia, os palacios de Versalles ou Stonehenge.
Como non Galicia tamén ten presencia sendo a muralla romana de Lugo e o centro histórico de Santiago os dous puntos de interese que se sitúan no mapa, a título persoal dicir que boto en falta lugares como a Torre de Hércules.
O proxecto que está pensado para estudantes está aberto a todo o mundo a través da súa páxina web.
Vía: Genbeta

No hay comentarios:
Publicar un comentario en la entrada