Dende que IBM presentou en 1956 o Ramac I , o primeiro disco duro da historia cun peso de unha tonelada e unha capacidade de 5 Mb, o disco duro non fixo máis que evolucionar, agora contamos con discos duros que poden conter ata 3 TB de información, isto é, 3000 Gb. E evidentemente a forma na que funcionan tamén evolucionou, o primeiro disco duro de IBM funcionaba con válvulas de baleiro hoxe en día son magnéticos grazas ás aportacións de Albert Fert e Peter Grünberg que descubriron o fenómeno coñecido como magnetorresistencia xigante.
Agora que xa sabemos un pouco máis sobre discos duros e o seu funcionamento imos ver como funcionan nesta gravación a cámara lenta do seu funcionamento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario en la entrada