martes, 19 de junio de 2012

As web que dominan o mundo


Se pensades en internet seguramente pensaredes en Google ou en Facebook, para a maioría de nós non existen unhas potencias máis grandes en internet que as que representan este buscador, aínda que buscar contidos na rede sexa só unha das moitísimas cousas que fai, e a famosa rede social. Pode que os máis novos podan falar de servizos como tuenti nos que tamén ocupan unha boa parte do tempo, imaxinádesvos que Tuenti fose a web dominante en España?



Pois resulta que a pesar de que por aquí iso non pase, que compañías propias sexan as que dominen a rede respecto a tráfico, si que existen países no mundo onde Facebook ou Google teñen que conformarse con peldaños máis baixos deste podium. Compañías e servizos como Yandex, @mail.ru ou Baidu son grandes compañías que dominan a rede en Rusia e China, por poñer algún exemplos.

Como podedes ver no mapa e pese a que gran parte do mundo está baixo o dominio voluntario de Facebook e Google existen rexións, sobre todo en Asia, onde compañías menos coñecidas por estes lares triunfan a un gran nivel. As zonas en amarelo son aquelas das que non se ten información suficiente como para determinar un vencedor.

Como comentario adicional, máis que nada porque a propia web de onde se extrae esta imaxe tamén adoptou ese comentario de microsiervos, comentar que en Grenlandia pese a ter un limitado número de habitantes son os suficientes como para saber que Google é o máis usado. Cousa que non me estraña, pois formando parte de Dinamarca seguramente os habitantes de Grenlandia terán mellor conexión á rede que a maioría de nós en España.

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada