25 anos se cumpriron o pasada 15 de xuño dende que Steve Wilhite creou o primeiro GIF, dende entón esta forma de expresión con claros fundamentos artísticos evolucionou o mínimo para seguir mantendo a esencia do que esta sucesión de imaxe representa. É difícil pensar na rede tal e como a vemos hoxe en día sen os GIF, non por ser unha parte fundamental desta senón por supoñer unha valor cultural dentro da mesma, chegando a ser para a gran maioría de usuarios da rede de blogs Tumblr a súa pedra angular.
Por todo isto non é de estrañar que con motivo de tan singular aniversario un grupo de artistas se reunira en Daily Dot para falar e facerlle un tributo cos seus mellores GIF.
Sobre estas liñas tedes a coñecidísima obra de Chris Torres, o Nyan Cat, unha das obras GIF máis recentes da rede que xa conta con miles de versións e imitacións. Chris comentaba o seguinte sobre os GIFs:
"Os GIFs son unha forma fantástica de compartir os nosos pensamentos, os nosos sentimentos ou simplemente pezas de entretemento plasmadas na forma de unha simple imaxe en movemento fácil de compartir."
A obra coa que abrimos este artigo está creada por Jake Olimb, podedes ver os 19 GIFs e saber un pouco máis sobre os seus autores na páxina de Daily Dot.
Vía: Monkeyzen



No hay comentarios:
Publicar un comentario en la entrada