jueves, 31 de mayo de 2012

Así funciona o acelerómetro do teu móbil

Antes entender como funcionaba a maioría de cousas que nos rodeaba era doado, moitas veces se ten falado do sinxelo que era reparar antes algúns instrumentos e do complexo que é agora, así que hoxe imos afondar nun deses instrumentos dos que tanto se escoita falar e do que moi pouco sabemos, o acelerómetro.


O acelerómetro é un instrumento presente na maior parte dos móbiles modernos que nos permite ter as imaxes que aparecen na pantalla na posición correcta pese a cambiar o dispositivo de posición.

Como podedes observar no vídeo superior realizado polo Engineer Guy Bill Hammack, unha fonte inesgotable de sabedoría tecnolóxica, o proceso parte dun acelerómetro realizado con obxectos que todos podemos entender para levalos ao mundo microscópico de electricidade onde todo se resume a diferente intensidade coa que se percibe a electricidade que recorre os circuítos, cousa que depende do próximos ou distantes que estean dos receptores, distancia que así mesmo depende dos nosos movementos.

Vía: Cult of Mac

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada