Un cubo, só un cubo de madeira, sen pantallas, nin agullas, nin números, nada de esferas redondas tampouco, tan só unha caixa cadrada de madeira, ocórresevos algo máis minimalista?
Este é un proxecto de reloxo moi completo saído do Instituto de Copenhague de Deseño Interactivo, xa vedes que hoxe imos de instituto en instituto, e chega como o resultado dunha competición na que se daban 48 horas para construír dende cero un obxecto orixinal e de uso diario.
O resultado é este reloxo feito de madeira que funciona a golpes, si si a golpes, e que indica a hora e os minutos a base de pequenos golpeciños. Tedes un vídeo a continuación para ilustrar mellor a idea.
A única pega que se lle pode poñer é que nunca vaia a estar dispoñible xa que todo quedou non que é, un traballo de instituto.
Vía: Monkeyzen



No hay comentarios:
Publicar un comentario en la entrada