lunes, 30 de abril de 2012

Google saca un novo ovo de pascúa con sabor a Starcraft




Penso que por estes lares os seguidores do coñecido xogo de Blizzard Starcraft non son tantos como o son noutros países onde os seus seguidores se contan por milleiros, pero esta pode ser tan boa ocasión como calquer outra para coñecer este xogo a través dun novo ovo de Pascua de Google.

Nesta ocasión para acceder a este ovo de Pascua temos que inserir no buscador as palabras 'Zerg Rush' , de inmediato comezarán a aparecer por todas partes letras 'o' que se irán desfacendo de todo cando hai na pantalla. A túa misión será premer rapidamente sobre cada un deles para matalos e tratar de manter o máximo tempo posible todos os resultados da búsqueda, cousa que non será doada en absoluto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada