miércoles, 25 de abril de 2012

As fichas de Tetris toman o MIT



Dende o Instituto Tecnolóxico de Massachusetts non deixan de chegarnos cousas sorprendentes, ao o que é o mesmo para os seus estudantes, bromas. Nesta ocasión o grupo ao que lle tocou sufrila foi o departamento de ciencias planetarias de dita universidade e os seus ocupantes que viron como as ventás da súa fachada principal se convertían nunha homenaxe a Alexey Pajitnov, inventor do Tetris.

Unha broma que se une a interminable lista coa que os alumnos deste prestixioso centro xa nos teñen acostumados. Se é que non hai nada mellor que aprender e pasalo ben.

Vía: Engadget

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada