domingo, 10 de abril de 2011

Mac OS X, presente e futuro (II)

Continuamos unha semana máis co repaso do que foi o sistema operativo Mac OS X nos dez anos de vida que cumpre este ano, converténdose nunha das referencias de Apple no mundo dos computadores. Na anterior edición vimos como foi a beta e a primeira versión, hoxe vexamos que traía de novo a primeira actualización deste sistema operativo, a 10.1.



Mac OS X Puma 10.1

Esta nova versión foi liberada o 25 de setembro do 2001  traendo moitas novidades, e aínda que tivo unha mellor acollida que a versión 10.0 os críticos seguían vendo un sistema incompleto cheo de bugs. Algunhas das melloras que incorporou esta nova versión foron o queimado de discos, a lectura de DVD, unha maior compatibilidade con impresoras engadindo mais de 200 impresoras as soportadas polo sistema, engade unha mellora no tratamento de gráficos así como a versión 4.0 de ColorSync e Image Capture que permitía descargar as imaxes procedentes de dispositivos externos, e como sempre melloras no rendemento xeral do sistema.



Esteticamente non se aprecian moitas diferenzas coa versión anterior, pero se vos dades conta, esta versión saíu con escasa diferencia de tempo respecto a anterior, e foi pensada para facer o sistema estable, pois como xa comentamos na primeira entrada, este estaba cheo de bugs que o facían difícil de usar.



Problemas a parte, para moitos esta foi a primeira versión utilizable de Mac OS X, polos menos permitía utilizar o sistema sen demasiados fallos, aínda así esta versión non acadou moita popularidade e a versión 10.1 sempre foi vista como a unha actualización de urxencia para facer utilizable un sistema que aínda gateaba.

Serie: Mac OS X, presente e futuro(I)

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada