lunes, 11 de abril de 2011

Adium, o todo en un das redes sociais

Se sodes dos que vos gustan as redes socias e andades todo o día entre pestanas, pasando de Twitter a Facebook e de Facebook o Messenger de seguro que vos interesa Adium, unha aplicación moi sinxela que unifica un gran número de redes.


Adium é unha pequena aplicación para Mac que se encarga de unir nunha soa aplicación máis de vinte redes sociais diferentes entre as que podemos atopar Yahoo Messenger, mobileMe, Twitter, Facebook chat ou Windows Live Messenger de maneira que nunha soa ventá podes falar con todos os teus amigo de case calquer rede social. Outro dos puntos a favor e o alto grado de personalización que permite todo o programa, permitíndoche cambiar todo o aspecto visual do programa, dende o icona que se mostra no Dock ate o tipo de páxina que se mostra na ventá das conversas, todos estes cambios dispoñibles a través da paxina de extras do propio programador, ademáis é totalmente compatible con Growl. Adium é unha aplicación completamente gratuíta, aínda que aceptan donativos, e está dispoñible para todos os usuarios de Mac OS 10.5.8 na súa ultima versión, pero que dispón de versións diferentes por se non é compatible coa túa versión de Mac OS.



Descarga: Adium

Extras: Xtras

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada