jueves 23 de febrero de 2012

Timelapse de Noruega

Stianrekdal é o autor deste fermosísimo time-lapse de Noruega. Recomendóvos que o vexades a pantalla completa e en HD. Desfrutade.


Vía

Photoshop proximamente


Para os que usan este programa todos os días supoño que o vídeo que imos amosar hoxe non ten nada de inusual pero sen dúbida que para min e para calqueira para o que a fotografía non vaia moito máis aló de apuntar e disparar o vídeo que acompaña a entrada é o que se denominaba comunmente no Medievo maxia. Cousas como mover os obxectos libremente sen ter que preocuparse do fondo serán utilidades que poderemos facer en próximas versións deste coñecido programa. E eu pregunto, como diferenciaremos as boas fotografías dos bos retoques? Ou non ten que ver unha cousa coa outra?

Vía

miércoles 22 de febrero de 2012

Sinte o tempo que fai fóra con Cryoscope

Cryosope é un pequeno cubo que lle transmite a quen o toque a temperatura exacta e a sensación que fai fóra da casa ou de onde se atope, para isto este aparello conta cunha cuberta de aluminio que se quenta ou arrefría convenientemente dependendo da temperatura exterior. Para coñecer a temperatura fóra conta cunha conexión á rede que o mantén sempre informado. Ademais disto ten instalada unha luz na base que nos indica aproximadamente da temperatura, para non ter sobresaltos ao tocar a superficie. Podedes atopar máis información no blog de Robb Godshaw, o inventor.

Vía

Inspirations

Que é o que ocorre cando mezclamos arte, matemáticas e mecánica? Nesta fermosa animación de Cristobal Vila ( Etera Estudios) podemos ver que marabillas pódense facer. Recomendo que o vexades en HD e pantalla completa.



martes 21 de febrero de 2012

Un ano de programación de VLC en vídeo

Supoño que se estades lendo isto dende un ordenador xa saberedes que é VLC, ese programa coa icona en forma de cono laranxa que sirve para reproducir todos cantos tipos de formatos de vídeo te imaxines. VLC ten un característica que o fai aínda máis interesante e é que se trata de un programa de software libre e aberto a todo tipo de colaboracións.


Fai escasos día os compañeiros da Mac-eira nos comentaban a inminente chegada da versión 2.0 deste programa considerado a navalla suíza dos reprodutores de vídeo. Hoxe o que vos traemos nós é o videoclip de como foi o desarrollo do mesmo. O vídeo conta coa música de I need Medicine (Pan/tone's Jake Touched My Bum Remix) de Fairmont música que axuda en boa medida a quedar imnotizado polo incesante movemento de desarrolladores e o avance do proxecto.


Vía 

Canta tinta gastan as tipografías máis comúns?


Matt Robinson fixo unha pequena proba na que debuxou as tipografías máis comúns e comprobou o gasto de tinta que fixo en cada unha, na imaxe podemos observar cal é o gasto de cada unha. Agora tamén sabemos canto (como dicía un grupo do facebook referíndose á tinta) "Sangue de unicornio", gasta a nosa impresora.

VÍA

lunes 20 de febrero de 2012

Inkling, garda no ordenador o que debuxas no papel

Cada vez as novas tecnoloxías desprazan o antigo, e o que máis atrás está a quedar nalgúns casos como é no de debuxar é o lapis e o papel ; Con Inkling podemos volver a dar un paso atrás pero desfrutando por completo da tecnoloxía.

 Só con enganchar o sensor inalámbrico á folla xa podes comezar a debuxar co lápis, o sensor ata  detectará coa intensidade coa que algo foi debuxado e unha vez que remates o debuxo só tes que conectar o sensor cun USB o ordenador e xa terás o debuxo dixitalizado.
O seu custo é de 170€ e podes adquirilo en Wacom .

VÍA